Axober organiza a segunda edición de Carballo por Etapas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Dentro da programación anual da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños –Axober-, e seguindo a demanda feita por un grupo de hostaleiros, ORGANIZA, a segunda edición de Carballo por Etapas, co ánimo de incentivar a hostalería, nun tempo de crise que tanto está a afectar a este sector.

Esta edición estará aberta á participación de todas as persoas físicas e xurídicas de Carballo cuxa actividade profesional se encontre dentro dos seguintes grupos:
– Bares e restaurantes

OBXECTIVOS
– Promocionar Carballo, dando a coñecer a súa riqueza e variedade gastronómica e cultural, e así conseguir avanzar cara unha oferta de calidade, capaz de xerar emprego e riqueza.
– Fomentar a participación e crear un punto de encontro entre os sectores relacionados.
– Acercar a variedade gastronómica de Carballo a outros profesionais e ao público en xeral.
– Impulsar a promoción do sector turístico, fomentando así a competitividade entre os distintos establecementos.
– Propiciar o acercamento a unha maior profesionalidade do sector na localidade.
– Dinamizar a actividade económica de Carballo en xeral.
Para explicar os pormenores desta edición Axober convoca a todos os establecementos de hostalería interesados en participar a unha reunión que terá lugar o próximo mércores día 26 ás 17:30 horas nos locais da Asociación sitos na rúa Fomento, 21-23, 1º de Carballo.

21 de marzo de 2014 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.