Autorízase a sinalización do sendeiro entre o Porto e Cabo Udra, en Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, vén de autorizar as obras para a ampliación e mellora do sendeiro litoral do Concello pontevedrés de Bueu, situado nunha zona de servidume de protección. Unha vez examinada a documentación que consta no expediente instruído ó abeiro do establecido na Lei de Costas (LC), a secretaría xeral resolveu outorgar a autorización autonómica na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre para as obras de instalación do panel interpretativo nº 5 previo limpeza, acondicionamento e eliminación de herbáceas alóctonas do punto de colocación do panel, de conformidade co proxecto para ampliación e mellora do sendeiro litoral do concello de Bueu.

Non obstante indícaselle ao Concello que atendan as seguintes premisas:
Durante a execución das obras deberanse adoptar as medidas necesarias tanto para garantir a integridade do dominio público marítimo -terrestre e as súas zonas de servidume, con especial atención a evitar o vertido de materiais contaminantes co medio natural, como a seguridade de persoas e bens, balizando e sinalizando convenientemente a zona de traballo e adoptando as medidas de seguridade e hixiene aplicables a este tipo de actuacións.

Deberanse de obter as autorizacións e informes preceptivos do Ente Público Portos de Galicia, da Consellería do Medio Rural e do Mar, así como de autorización de Conservación da Natureza desta Consellería por estar afectadas por Rede Natura.

As obras deberán iniciarse nun prazo máximo de dous meses e rematadas nun prazo de catro meses. Unha vez transcorrido o dito prazo quedará sen efecto esta autorización, de conformidade co establecido na disposición adicional cuarta da Lei de Costas.

Antecedentes

O Alcalde do Concello de Bueu, Félix Juncal, solicitou unha autorización para facer as obras previstas no ”proxecto para ampliación e mellora do sendeiro litoral do Concello de Bueu” na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, provincia de Pontevedra. Na petición fíxose constar que para a execución das obras do proxecto en cuestión foille concedida unha axuda ao Grupo de Acción Costeira (GAC) núm. 6 da ría de Pontevedra.

A actuación inclúe a instalación de oito paneis interpretativos dos recursos do Sendeiro Litoral e oito sinais de estrada coa indicación deste Sendeiro, coa limpeza, acondicionamento e eliminación de herbáceas alóctonas dos puntos de colocación e emprazamento destes paneis e sinais, en zona do litoral e do Cabo Udra dese termo municipal.

Segundo as NNSS municipais de planeamento do Concello de Bueu as actuacións previstas atópanse en solo solo non urbanizable de sitios costeiros sobresaíntes (ordenanza 6) e non urbanizable de interese para a defensa nacional (ordenanza 7). Afectado pola servidume de protección do dominio público marítimo-terreste (S.P.D.P. M-T). Dentro do ámbito da Rede Natura 2000.

A documentación achegada indica que só a instalación dun dos paneis atópase na servidume de protección, o nº 5 nun, polo que parte destas obras son tamén competencia de Portos de Galicia, en dominio público marítimo-terrestre e servidume de tránsito, competencia de Costas do Estado (M.AG.R.A.M.A..), xa autorizadas polo Servizo Provincial de Costas de Pontevedra en data 26 de novembro de 2013 e, sen prexuízo doutras autorizacións que puidesen precisar; os sinais de estrada, de indicación deste sendeiro, precisarían das autorizacións dos titulares dos viarios onde se emprazan.

Por último, se di que as actuacións solicitadas, as correspondentes aos números 4 (zona portuaria de Pescadoira) e 9 (Peirao de Bueu) ubícanse en en zona portuaria cuxa competencia ostenta o ente público Portos de Galicia Zona Sur, ao que deberan solicitar o permiso correspondente.”

10 de marzo de 2014 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.