Autorizada a sinatura do convenio entre Medio Rural e Inorde para o programa de recursos zooxenéticos
O Consello da Xunta de Galicia acordou onte autorizar a sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), para continuar coa execución ex situ de determinadas actividades do programa de recuperación, conservación e fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia en perigo de extinción, destinadas ás razas ovella galega, cabra galega e porco celta, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), por un importe total de cento corenta mil euros (140.000 euros). Esta iniciativa é froito do acordo acadado na última xuntanza que mantiveron en Santiago o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.











