Audicións do segundo trimestre no conservatorio de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A partir do próximo luns, día 17 e durante toda a semana hasta el día 21 incluído, terán lugar as audicións do segundo trimestre do curso no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía. Nestas audicións o alumnado do centro interpreta as obras do repertorio no que traballaron ao largo dos últimos tres meses; interveñen solistas con o sen acompañamento de piano e tamén alumnado de Música de Cámara e Conxunto. As audicións celébranse nas instalacións do Conservatorio, no Auditorio Municipal, e son abertas ao público.

Ao longo do curso académico todo o alumnado do centro ten a obriga de realizar un mínimo de dúas audicións públicas. O centro organiza tres convocatorias anuais (decembro, marzo e xuño) e é o profesorado de cada materia o encargado de decidir si o seu alumnado participa en dúas ou nas tres convocatorias.

O obxectivo que perseguen as audicións trimestrais é que todos os alumnos aumenten progresivamente a capacidade de tocar en público coa máxima calidade, controlando todas aquelas cuestións referidas á técnica e á interpretación dunha obra musical. Así figura en todas as programacións didácticas do centro é un requisito indispensable que os alumnos deben cumprir ao longo do curso

AUDICIÓNS DO SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO 2013-14

DO LUNS 17 AO VENRES 21 DE MARZO DE 2014

· Luns 17 de Marzo de 2014

Ás 18:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de VIOLÍN do profesor Pablo Vidal.

· Martes 18 de Marzo de 2014

Ás 17:00 horas na Aula 2.1.: Audición de CLARINETE do profesor Iván Maia.
Ás 19:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de GUITARRA do profesor Fernando Pérez
Ás 20:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de PIANO do profesor Javier Vila.
Ás 19:00 horas na Aula 2.3.: Audición do alumnado de PERCUSIÓN da profesora Sandra López.

· Mércores 19 de Marzo de 2014

Ás 17:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de TROMPETA do profesor Jorge Manuel Ferreira.
Ás 18:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de TROMBÓN e BOMBARDINO do profesor Nicolás Leiro.

·  Xoves 20 de Marzo de 2014

Ás 16:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de PIANO da profesora Rosina Sobrido
Ás 18:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de TROMPA E SAXOFÓN do profesor Esteban N. Pérez e Diego J. Fernández
Ás 18:00 horas na Aula 2.3.: Audición do alumnado de  GAITA e CONXUNTO de GAITAS do profesor Cristian Silva

· Venres 21 de Marzo de 2014

Ás 16:30 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de VIOLONCHELO E MÚSICA DE CÁMARA da profesora Susana Blanco.
Ás 18:00 horas na Aula 2.1.: Audición do alumnado de FRAUTA do profesor Jesús L. González.

16 de marzo de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.