Asomamos convoca unha Asamblea Xeral Extraordinaria para a elección da nova Xunta Directiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, Asomamos, convoca aos seus socios/as á vindeira celebración da Asamblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o vindeiro 26 de abril, sábado, ás 17.00 horas en primeira convocatoria e ás 17.30 horas en segunda convocatoria.

Na devandita convocatoria extraordinaria, tratarase a elección e designación do/a Presidente/a e maila Xunta Directiva de ASOMAMOS.

Poden presentar candidatura todas aquelas persoas que presenten os seguintes requisitos: ser asociados/as maiores de 55 anos, ter máis de un ano de antigüidade como socio e estar ó corrente no pago das cuotas.

Todos os candidatos interesados deberán enviar un escrito á Xunta Directiva indicando: nome do candidato/a e conformación da Xunta Directiva.

O derradeiro día para a presentación das candidaturas é o próximo 12 de abril.

Atópanse expostas no taboleiro de avisos do local social desta Asociación as normas, prazos e demais para a presentación de candidaturas.

Ademais da elección e nomeamento do/a Presidente/a e a Xunta Directiva, tamén se modificarán 6 artigos dos Estatutos e tratarase a adhesión de Asomamos á Confederación Galega de Organizacións de Maiores, COGAMA.

O lugar no que se realizará esta asamblea será o auditorio do Pazo dos Marqueses de Mos.

5 de marzo de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.