Asinado en Carballo o contrato de rebacheo e mellora da rodadura nas parroquias de Oza, Entrecruces e Rus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Casa do Concello vén de acoller o acto de sinatura do contrato administrativo de obras de “Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquias de Oza, Entrecruces e Rus no Concello de Carballo”. Estiveron na cita o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e representantes da empresa adxudicataria, Construcciones Alejandro Martínez e Hijos SL, ademais do Secretario do Concello. O orzamento de licitación era de 44.987,26 euros, mentres que os traballos foron adxudicados por 44.672,35 euros (IVE incluído). O prazo de execución previsto é de tres meses a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de replantexamento. Esta actuación está incluída no Plan provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal, POS Adicional, de 2013. O POS incluíu outros tres proxectos de saneamento e abastecemento de auga e de mellora de camiños que chegaron a un importe conxunto de 289. 211,2 euros. O primeiro foi a “Mellora de abastecemento en Xoane (parroquia de Goians) e Carracedo (parroquia de Ardaña)”, adxudicado por 91.925,55 euros a Viaqua; o segundo, a “Rede de saneamento en Castelo, 2ª Fase, parroquia de Vilela”, proxecto levado a cabo por Viaqua por 112.827,65 euros; por último, a empresa Ramón Vázquez y Reino asumiu por un custo de 84.458 euros os traballos de “Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquias de Razo, Sofán, Berdillo, Lema, Aldemunde, Goiáns, Carballo”.

27 de marzo de 2014 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.