As vivendas municipais de Rosalía de Castro estarán á venda no prazo de tres meses

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta do inicio do procedemento para enaxenar as 40 vivendas municipais de Rosalía de Castro un proceso que, segundo explicou hoxe o rexedor, estará rematado en tres meses e os pisos sairán á venda a partir dese momento. As superfices oscilan entre os 76 e os 113 m2 e os prezos van desde os 120.490 e os 204.595 euros. O importe desta venta usarase para mercar os terreos que se cederán á Xunta para construir a Cidade da Xustiza.

O alcalde deu conta do inicio do procedemento para enaxenar as 40 vivendas municipais de Rosalía de Castro que permitirán comprar o solo que posteriormente se cederá á Xunta para a contrucción da Cidade da Xustiza. Segundo precisou, en tres meses estará rematado el proceso e as vivendas poderán sair á venda a un prezo que oscila entre os 120.490 e os 204.595 euros, sen incluir os impostos que graven a transmisión que deberán ser satisfeitos polos solicitantes que resulten adxudicatarios. Con dous ou tres habitacións, as superficies dos pisos van desde os 76 aos 120 m2. Durante a rolda de prensa, lembrou que estes inmobles pertenecen ao Concello desde 1994 pero non foron escriturados ata o ano pasado “alcaldes e alcaldesas anteriores deberán explicar porque non o fixeron”, apostilou.

Na mesma sesión da Xerencia de Urbanismo tamén se aprobaron as resolucións definitivas de 30 procedementos sancionadores por incumplir o deber de presentar en prazo o informe da ITE correspondente a 2011. O importe é de 2.800 euros, con multas que oscilan entre los 80 y los 320 euros.

Asimesmo, deuse conta da concesón de 17 licenzas de obra e 2 de actividade para un investimento total de 3.006.540 euros. Entre as autorizacións, destaca a de Mercadona S.A. Para a construcción dun edificio na Avenida da Florida, 108. O inmoble está composto por sótano e dúa prantas, cunha superficie total de 6.771 m2. Tamén se entregaron, engadiu o rexedor, as licenzas de primeira ocupación para 98 vivendas, 58 unifamiliares e 40 en dous bloques da urbanización residencial Aires.

7 de marzo de 2014 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.