As mulleres de Mos adquiren coñecementos sobre técnicas de autodefensa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Participantes no curso de autodefensa

Participantes no curso de autodefensa

Un total de 21 mulleres participan no curso de defensa persoal para mulleres, organizado pola concellería de Participación Cidadá, que dirixe a edil Kely Monzón.

O devandito curso, que comezou o pasado luns, foi ofertado de forma totalmente gratuíta para as féminas do municipio mosense.

“Coa participación neste curso as mulleres non só melloran o seu estado físico, senón o seu estado mental, incrementando deste xeito a sensación de seguridade en sí mesmas e a súa autoestima” declarou a concelleira Kely Monzón.

As alumnas están moi ilusionadas coa participación nesta actividade, que é impartida por Manuel Sánchez Sánchez, titulado en defensa persoal policial polo Ministerio de Interior e entrenador nacional homologado pola Xunta.

Entre risas, e algún que outro inofensivo golpe durante a práctica das técnicas de defensa persoal, as mulleres que participan no curso melloran as súas dotes físicas e potencian a súa autoestima, así coma o seu propio autocoñecemento e confianza en sí mesmas á par que se relacionan con outras veciñas do Concello.

O curso lévase a cabo os luns e os mércores de 21:00 a 22:00 horas no Pavillón Óscar Pereiro, e rematará o mércores 9 de abril.

12 de marzo de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.