As inmediacións do IES María Casares, no Concello de Oleiros, verán reforzadas as medidas de seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Xefatura Territorial da Coruña, prevé levar a cabo nos vindeiros días os traballos necesarios para mellorar a seguridade viaria no entorno do Instituto de Educación Secundaria María Casares, no concello de Oleiros.

Nas últimas semanas, técnicos do departamento autonómico estiveron a estudar as diferentes alternativas para reducir os atropelos neste punto da estrada AC-173, ao seu paso polo núcleo de Bastiagueiro. Así, finalmente optouse como mellor opción por reforzar a visibilidade do paso de peóns que se atopa próximo á entrada das instalacións educativas, a través da instalación de sinais verticais de confirmación nas marxes da calzada e en cada sentido de circulación, que incorporarán sinais luminosas tipo led.

A Consellería de Medio Ambiente, coa execución deste tipo de medidas, mostra o seu compromiso de manter unha rede viaria segura, dando prioridade a todas aquelas actuacións dirixidas a eliminar os tramos de concentración de accidentes existentes nas vías de titularidade autonómica.

6 de marzo de 2014 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.