As humanización en curso ampliarán as prazas de estacionamento no centro urbano de Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

Cedeira non só non perderá senón que gañará prazas de estacionamento coas obras de humanización de espazos e prazas públicas que actualmente executa o Concello no casco urbano da vila. Neste sentido, o goberno municipal sinala que as actuacións en curso aséntanse sobre 15 prazas de aparcadoiro que se recupera noutras zonas e incluso se crearán sete novas en áreas limítrofes ao ámbito de actuación. Así, e pormenorizadamente, na zona reservada ao servizo de taxis libéranse seis prazas para aparcamento en zona azul; fronte á entidade bancaria créanse outras tres en liña; ao pé do río, outras tres e, na marxe contraria, tres máis. En suma: 15.

O goberno municipal asegura que a humanización de espazos non está reñida coa necesaria convivencia co vehículo e, de feito, a reserva de prazas para estacionamento é fundamental para facela efectiva. Unha política que pon en marcha o goberno municipal co ánimo de convertir ao peón en auténtico dono do espazo público e potenciando o carácter comercial e peatonal do centro.

Así mesmo, o goberno local explica tamén que as obras non se limitan á ampliación da zona peatonal, cun novo modelo de beirarrúa que inclúe xardineiras, bancos e alumeado, senón que tamén se están a levar a cabo traballos de separación de pluviais na zona centro, cun ámbito de actuación duns 3.000 metros cadrados que, a partir dagora, contará cun servizo do que carecían.

13 de marzo de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.