As exportacións dos viños Rías Baixas incrementáronse un 10 % durante o pasado ano
Froito da forte aposta realizada pola Denominación de Orixe Rías Baixas en prol da internacionalización dos seus viños, durante o pasado exercicio o volume das exportacións experimentou un aumento superior a un dez por cento, cunhas vendas totais de cinco millóns e medio de litros a case 60 países. No que se refire ao valor, o negocio exterior ha crecido nun 6,69% con respecto ao ano 2012. As exportacións supuxeron de 5,4 millóns de litros, o 32% da produción total desta Denominación.
En palabras do presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, “pechamos un bo exercicio, alcanzando marca de exportación tanto en volume como en valor. Gañar mercados no exterior foi unha das nosas prioridades desde a creación da Denominación de Orixe e, ano tras ano, este esforzo foi acompañado por datos alentadores”.
Segundo Gil de Araujo, as vendas en mercados internacionais permitiron compensar a caída da demanda interna. Neste sentido, o presidente admitiu que “non queremos ceder nadiña de nada no noso esforzo por conseguir un posicionamento cada vez mellor no mercado interior español, que aínda ten moito percorrido para nós”. A nosa aposta polo ámbito nacional levaranos a destinar unha parte dos nosos esforzos promocionais a organizar presentacións dos viños de Rías Baixas en cidades como Málaga, Vitoria, Santander e Oviedo.
Gil de Araujo considera que estes datos supoñen “unha mensaxe de esperanza para o sector”, co horizonte ademais de que “cando o consumo empece a tirar o mercado español Rías Baixas poderá reforzar aínda máis as súas expectativas de futuro”.
O xerente do Consello Regulador, Ramón Huidobro, incidiu en que o 62% do orzamento do organismo vaise a destinar a accións de promoción, tanto no mercado nacional como no internacional. Huidobro insistiu en que as exportacións “seguirán sendo un obxectivo importante, como o manifesta xa o feito de que 89 adegas, o 51% das adscritas á denominación, están a participar nos plans de exportación nalgún mercado internacional”.
Por outra banda, o dinamismo do comercio exterior da Denominación de Orixe contribuíu de maneira notable a situar a Galicia entre o catro comunidades con maior tendencia á internacionalización. Segundo deuse a coñecer nos últimos días, en 2013 a comunidade galega rexistrou o seu máximo histórico en exportacións, alcanzando un superávit de 4.000 millóns de euros.
Os viños da Denominación de Orixe están presentes no cinco continentes, pero é Estados Unidos quen continúa sendo o seu principal destino, con 2.634.314 litros que supoñen un valor próximo aos 13 millóns de euros. No mercado europeo, a posición crave ocúpaa Reino Unido, que en 2013 comprou 695.862 litros por un valor de 3.314.703 euros. O segundo cliente dentro da UE é Alemaña con 454.726 litros, onde as vendas supuxeron 2.144.243 euros, un 39% máis que o exercicio anterior. Tras estes países atópanse como os maiores consumidores comunitarios Holanda (154.762 litros), Irlanda (102.118) e Suecia (92.457). E dos países europeos que non pertencen á UE destacan Suíza e Noruega con 104.284 e 89.170 litros, respectivamente.
En América, á parte de Estados Unidos, os maiores compradores son Porto Rico con 223.429 litros, México (191.225) e Colombia (77.534). En Asia destaca Xapón con 76.726. Na Unión Europea vendeuse viño por valor de 8,3 millóns de euros; en América por 16,9 millóns e Asia por 665.000 euros. Este viño atlántico chegou tamén a países como Australia, Nova Zelandia ou Emiratos Árabes.
En total, as vendas ao exterior da Denominación de Orixe alcanzaron en 2013 un valor de máis de 28 millóns de euros, nun ano no que España se converteu no primeiro produtor de viño do mundo, superando por primeira vez a Francia e Italia.
“A verdade é que estamos satisfeitos con estas cifras, aínda que non por iso queremos deixar de ser cautos ante a situación económica que estamos a vivir. Si lles podo dicir que na Denominación de Orixe imos seguir apostando polos mercados exteriores, porque sabemos que o noso futuro pasa por eles”, asegura o seu secretario xeral, Ramón Huidobro.











