As entradas para o Musical “O Rei León” en Ribadumia esgotáronse en tan só cinco horas
A oito días da presentación do musical “O Rei León” en Ribadumia, xa están esgotadas as 322 localidades dispoñibles no Auditorio Municipal de Ribadumia.
O espectacular musical “O Rei León”, interpretado pola Escola de Música Coda de Vilagarcía, esperta a máxima expectación no Concello de Ribadumia. A entrega de invitacións, que comezou as 08:00 horas deste venres, levou a que case 400 persoas fixeran colas de espera no Concello rematando as 13:07 que se entregou a última.
Previamente para o seu reparto establecerase un protocolo de actuación polo que se deu prioridade os empadroados en Ribadumia e se entregaba un máximo de 4 invitacións por persoa previa identificación das mesmas.
A ausencia de localidades libres provocou a sorpresa e enfado dos menos madrugadores.
A expectación é total para a obra infantil máis laureada de todos os tempos, cun elenco de cincuenta actores e músicos, un vestiario feito a medida con impresionante colorido e sonoros ritmos africanos, conformando un espectáculo inigualable.











