As beirarrúas en Tabueiros – Sisán comezarán a tomar forma nos vindeiros días
A Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, visitou está o lugar de Tabueiros – Sisán para manter unha reunión cos veciños da zona e explicar in situ os detalles do proxecto. Neste encontro tamén estivo presente a empresa adxudicataria das obras.
O proxecto que ten como obxectivo dotar o termo municipal de beirarrúas e de servizos que garantan a seguridade dos peóns. O custe total do ascende a 457.691,31€, dos cales 100.000€ os aporta o Concello con cargo o Plan de Investimentos da Deputación
O proxecto inclúe a mellora da seguridade viaria nun tramo de aproximadamente 700 metros, entre o límite do concello con Cambados e a bifurcación de dúas estradas provinciais. O proxecto inclúe canalización de auga, sumidoiros e alumeado público e a creación de beirarrúas e zonas de aparcamento. Unha vez executado este proxecto, o obxectivo será continuar coa mellora da seguridade viaria e a dotación de servizos na estrada provincial PO 9509, tamén na parroquia de Sisán.
A mellora da seguridade viaria é unha das máximas coas que traballa o Goberno de Ribadumia. Así, nos últimos anos priorizáronse proxectos que permitiron dotar de beirarrúas e mellorar a seguridade dos peóns en varios puntos do municipio.











