publicidade hoxe

Arzúa vivirá o luns, 24 de marzo, o derradeiro acto con motivo do Día da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Departamento de ServizosSociais do Concello de Arzúa, a través do CIM, ten previsto organizar o vindeiroluns un acto de conmemoración do Día da Muller no que participarán diversas mulleres do mundo da cultura, da política e das letras. A idea, explica Aurora Varela, Concelleira de ServizosSociais en Arzúa, é a de “facer visible as heroicidades de moitas mulleres ao longo da historia, sacar á luz o seutraballo, os seusesforzos e a súaloitana procura dunhasociedademáisxusta e igualitaria”.

O acto, no que taménparticiparán alumnos e alumnas do IES de Arzúa, terá lugar no Telecentro de Comunicación, sito na Avda. de Lugo, a partir das 12,45 da mañá. Abertoao público baixo o título “Manifestámonos : quédanos a palabra”, o acto consistirá na lectura dunmanifesto por parte de varias mulleres referentes da cultura, da educación e da política no noso país. Estarán presentes: Marica Campo, María XoséPorteiro, Tareixa Campo, Mª Luz Darriba e Pilar García Negro, entre outras.

Aurora Varela, explicaba esta mañá, que unha das partes máis importantes do evento será a que protagonicen os alumnos e alumnas alí presentes, que non só asistirán como espectadores senóntamén como protagonistas do acto. Eles e elas serán os encargados de lerpequenos fragmentos de biografías e historias salientables de moitas mulleres que coseutraballosloitaron  polo progreso, a igualdade e a dignificación  do ser humano. Por un momento estarán presentes en Arzúa a indíxena Guatemalteca Felipa Soc, a Keniata Me Katilili, a francesa Anisette Marie Brizardou a dama portuguesa SenhoraPhilippa. Todas elasteñen e tiveron en común un mesmoobxetivosdende ópticas distintas: a protesta contra o inxusto.

A Concelleira de Benestar Social, Aurora Varela, convida  a todos os veciños e veciñas de Arzúa a participar neste acto no que tamén tomarán a palabra outras mulleres da nosavila coa lectura de pequenos relatos. O obxectivodestaxornada non é outro que “o de sacar á luz a loita protagonizada por moitas mulleres ao longo da historia e en moitas partes do mundo na procura dunhasociedademáisxusta”.

21 de marzo de 2014 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.