publicidade hoxe

Arranxo de pista na parroquia de Xuances

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Hoxe pola mañá o alcalde Demetrio Salgueiro xunto co arquitecto técnico municipal Benigno Mon realizaron unha visita a unha pista recentemente  asfaltada en Tuimil, na parroquia de Xuances. Esta pista, que dá acceso ao núcleo de Tuimil, mide 1.100 metros, os cales foron obxecto dunha profunda reforma, cuxas obras consistiron en:

-Limpeza de cunetas e eliminación de de produtos sobrantes.

-Limpeza enérgica a presión da superficie mediante auga a presión e cepillo de aramio.

– Recheo de baches e blandóns con pedra compactada e aplicación de triple riego asfáltico.

Esta obra entrou dentro do PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (P.O.S.) 2013 da Deputación de Lugo, a cal aportou a cantidade de 13.151,96 €uros (31,48 % do total) sobre un presuposto total 41.784,53 €, aportando o Concello de Xove  os 28.632,57 €uros  (68,52 % do total) restantes.

31 de marzo de 2014 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.