publicidade hoxe

Arranxadas varias verteduras no concello da Baña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, a través o Plan de Control de Verteduras, comprobou a emenda das verteduras contaminantes dunha explotación gandeira no lugar de Quinteiro, Marcelle, no Concello da Baña. Estes aportes foron detectados polo persoal inspector dependente da Xunta, no marco da campaña para o control e eliminación dos focos contaminantes existentes no ámbito do citado municipio.

Segundo puideron verificar os técnicos desprazados ao lugar, as verteduras tiñan a súa orixe na sala do tanque de frío dunha granxa. As augas de limpeza de baldeo das dependencias atopábanse canalizadas directamente ao dominio público a través dunha rede para a recollida de augas pluviais.

Unha vez detectada a problemática, e en colaboración co Concello da Baña, déuselle traslado ao titular da explotación gandeira para que adoitase as medidas precisas para a súa eliminación.

Nunha visita de comprobación xirada á zona verificouse que, unha vez transcorrido o prazo acordado co titular para a realización das actuacións oportunas, as augas residuais foron reconducidas á balsa de almacenamento de xurros da explotación, quedando deste xeito libre de contaminación a canalización para a recollida de augas pluviais antes indicada.

8 de marzo de 2014 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.