“Araucaria” e “Salao” vencedores do XIV Trofeo Torre de Hércules

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

O pasado domingo, o Real Club Náutico da Coruña celebrou a terceira e última xornada do XIV TROFEO TORRE DE HERCULES para a clase Cruceiro.

Típica xornada invernal, con vento racheado do sur-suroeste, de intensidade variable, frouxo ao comezo da proba e aumentando cara a ao final con refachos que excederon os 20 nós. Os participantes completaron un percorrido costeiro entre as balizas de Mera e Oza de 12 millas náuticas.

En clase 0-2, liderou boa parte da proba o “Gómez” de Andrés Soto, pero un erro no segundo paso pola baliza de Mera cando quedou enganchado á baliza coa quilla, fíxolle perder moito tempo que non puido recuperar e afundiuse na clasificación da proba. Esta circunstancia foi aproveitada polo “Araucaria” de Joaquín Cobelo e o “Hansa” de Julián que finalizarían primeiro e segundo da proba respectivamente. A clasificación final quedaría liderada polo “Araucaria” con 5 puntos (2-2-1), en segunda posición o “Hansa” con 6 puntos (3-1-2), terceiro clasificado o “Gómez” con 11 puntos (1-7-3).

Na clase 3, repetiuse o duelo entre o “Salao” de David Rivero e o “Patacón” esta vez patroneado por Ubago Jr, aínda que o “Salao” foi superior e controlou toda a regata ao “Patacón”. O vencedor da proba foi o “Salao”, 5 segundos por diante do “Patacón”, en terceira posición finalizou o “Mariña Coruña 3” de Chenique Freire. A xeral final levaríalla o “Salao” con 4 puntos (1-2-1), segundo o “Patacón” con 5 puntos (2-1-2) e en terceira posición o “Argallán” de domingo Plana con 11 puntos (3-3-5).

3 de marzo de 2014 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.