Aranga descobre aos veciños as boas prácticas na xestión do lixo
O Concello de Aranga lanza unha campaña informativa para os veciños sobre as boas prácticas a acometer na xestión do lixo. Para iso, convocan a unha serie de xuntanzas para que todos se fagan partícipes da reciclaxe, e nas que tamén se trasladarán todas as dúbidas e propostas para mellorar o servizo.
As reunións terán lugar o 12 de marzo, ás 16.30 h. no local social do Toxiño e ás 18.30 h. no anexo do CEIP A Castellana. O día 19 de marzo a xuntanza será ás 17.00 h. na Biblioteca de Ponte-Aranga.