Apertura do prazo para solicitar a prestación única por fillo menor de 3 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas mantén aberto o prazo, e até o 26 de abril, para solicitar a prestación única por fillo menor de 3 anos a cargo para o presente exercicio por un importe total de 360 euros anuais que concede a Xunta de Galicia, de acordo coa Orde da Consellería de Traballo e Benestar que publica hoxe o DOG.

Poderán pedir esta axuda aquelas persoas que teñan ao seu cargo menores nacidos entre o 2 de xaneiro de 2011 e o 1 de xaneiro de 2014 e que durante o ano 2012 nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de forma voluntaria aínda sen estar obrigadas a iso.

No caso de fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013, a prestación concederase durante o tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

Ademais de cumprimentar un impreso de solicitude da prestación, o interesado en ser beneficiario da mesma deberá acompañar copia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos menores de 3 anos, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.

Nos supostos de adopción ou acollemento, terá que achegar ademais copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

No caso de que a persoa recibise a prestación no ano 2013, e non se modificasen as circunstancias persoais, xurídicas e económicas, só terá que presentar o Anexo I da solicitude.

Para máis información, os interesados en acollerse a esta liña de prestacións poderá consultar nas dependencias de Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas os luns e xoves en horario de 9:30 a 14 horas.

Aínda que se trata dunha axuda que concede a Xunta, o alcalde Perfecto Rodríguez quere que os servizos sociais municipais póñanse a disposición dos posibles beneficiarios destas axudas para facilitarlles a súa tramitación.

17 de marzo de 2014 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.