Apertura do prazo para solicitar a prestación económica por fillos menores de tres anos
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a partir do día 18 de marzo ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014.
Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 02 de xaneiro de 2011 e 1 de xaneiro de 2014 (inclusives) e non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2012, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.
O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 26 abril 2014.
Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves.











