Apertura do prazo para participar no programa “voluntariado palense no camiño 2014” en Palas de Rei
Todas aquelas persoas que desexen participar no programa de acción voluntaria: “Voluntariado Palense no Camiño”, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, enmarcado no Programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, poderán inscribirse nas Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Palas de Rei (planta baixa). “Voluntariado Palense no Camiño” é un Programa do Concello de Palas de Rei, que tenta potenciar a figura do voluntariado xuvenil, dado que vai dirixido a xoves de 18 a 30 anos, potenciando a participación da ciudadanía dos xoves, ofrecendolles a posibilidade de vivir unha experiencia de voluntariado, facilitando así, o apredizaxe e perfecionamento doutros idiomas, a interculturalidade entre xovenes cos camiñantes/visitantes e valores como a tolerancia e a solidariedade.
As persoas voluntarias que participen neste programa de acción voluntaria poderán recibir unha cuantia de 6 €uros diarios para cubrir os gastos de desprazamento e manutención. Ademais, todas aquelas persoas voluntarias que participen neste programa de voluntariado, ao finalizar as actividades do mesmo, obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de educación non formal acreditativo da acción voluntaria desenvolvida.
As áreas nas que se poderá actuar como voluntario deste programa son:
-Voluntariado no Camiño de Santiago.
-Voluntariado no Castelo de Pambre.
-Voluntariado na Igrexa de Vilar de Donas.
As actividades de voluntariado deste programa terán lugar nas mañás dos meses de xuño, xullo e agosto (non se fan actividades deste tipo os sábados, domingos e festivos).
O prazo para inscibirse está aberto na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Palas de Rei e remata o venres 4 de abril de 2014.











