Apertura do prazo para apuntarse ao programa Deporte na primavera 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, presentou esta mañá  o “completo programa” de actividades que desde a súa área desenvolveranse até o próximo mes de xuño, “co que se quere fomentar o lecer saudable coa colaboración de entidades deportivas da cidade”, explicou. A inscrición para as 40 propostas que oferta a Concellaría de Deportes que dirixe Francisco Mourelo ábrese desde hoxe, venres 28 de marzo, e até o próximo 11 de abril, na páxina web www.coruna.es/deportes, con 2.100 prazas dispoñibles, “un 40% máis, 600 prazas, respecto ao ano pasado, adaptándonos á gran demanda que están a recibir as actividades programadas nas últimas edicións”, destacou o concelleiro.

Francisco Mourelo sinalou que o programa Deporte na primavera 2014 é unha aposta do Goberno municipal por ofrecer aos coruñeses a posibilidade de practicar as súas actividades deportivas favoritas ou para achegarse a outras novas impartidas por especialistas co principal obxectivo de fomentar a integración social e o deporte basee “cos valores que isto representa, como o traballo en equipo, o compañeirismo ou o espírito de superación”, destacou Mourelo.

Serán máis de 40 actividades nas que se poderá gozar dun total de 31 modalidades deportivas, desde as que gozan dun maior número de practicantes, como fútbol, baloncesto, hockey sobre patíns ou tenis, até as que empezan a facerse un oco entre os coruñeses e que son deportes que están a crecer como esgrima, golf, natación ou patinaxe en liña.

O concelleiro destacou que, en total, ofertaranse 2.050 prazas para todas as idades para as 31 modalidades deportivas: atletismo, bádminton, baloncesto, balonmán, ciclismo, deporte para todos, esgrima, fútbol, fútbol 7, fútbol sala, golf, halterofilia, hípica, hockey, hockey in line, hockey sobre patíns, judo, natación, patinaxe artística, patinaxe en liña, remo, piragüismo, rugby, surf, taekwondo, taichí, tenis, tríatlon, vea catamarán, vea windsurf, e voleibol.

Deporte na primavera 2013 propón un amplo abanico de posibilidades ás persoas interesadas en participar, cun programa que inclúe 40 actividades -entre campus, cursos, xornadas, talleres e bautismos deportivos- en 20 recintos deportivos municipais repartidos polos barrios da cidade -como Riazor, Adormideras, a Torre, Labañou, Sacra Familia, Novo Mesoiro, Os Rosales, O Ventorrillo ou o Barrio das Flores-, o que favorecerá a participación dos veciños.

Mourelo explicou que o prazo de inscrición para participar en Deporte na primavera 2014 ábrese hoxe e permanecerá aberto até o próximo 11 de abril ás 14.00 horas na páxina web da Concellaría de Deportes  –www.coruna.es/deportes-, ou ben a través das 30 entidades deportivas que colaboran co Concello na organización e que teñen os seus propios períodos de inscrición en función da actividade e da data de celebración. Neste sentido, o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade agradeceu a implicación das asociacións, o que evidencia o interese do Goberno municipal por traballar da man coas entidades deportivas para ofrecer actividades de calidade e dirixidas a todos os cidadáns. Para máis información, pódese consultar a páxina web municipal de Deportes.

Francisco Mourelo destacou que o programa de Deporte na primavera 2014 complétase cun gran calendario de actividades que permitirá reforzar A Coruña como capital deportiva do noroeste español. Neste sentido, o concelleiro asegurou que o obxectivo é converter a cidade nun referente, con eventos de calidade e multitudinarios, que sirvan para fomentar o deporte e, ao mesmo tempo, favorecer a dinamización económica do sector turístico. Entre as grandes citas para os próximos meses, Mourelo destacou o Día do Deporte na Rúa ou a II Maratón Atlántica Coruña42 que se celebrará o próximo 27 de abril e cuxo prazo de inscrición finaliza o día 20 coa pretensión de alcalzar nesta edición os 1.500 corredores, un 33% máis que en 2013.

“A participación increméntase notablemente de ano a ano porque A Coruña é unha cidade que fai deporte, de feito, a inscrición para a carreira da Torre, pechouse con 3.477 participantes, a segunda participación máis importante da historia tras Coruña10 2013”, concluíu.  

28 de marzo de 2014 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.