Apertura do prazo para a excursión “Galicia en pedra”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Desde o martes 18 de marzo, a partir das 17 horas, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova excursión do programa municipal Imos de excursión. “Galicia en pedra” é o título que leva a saída prevista para o domingo 6 de abril. O programa da excursión achegará aos participantes a percorrer Nigrán, Baiona e Gondomar, visitando a Ponte Romana(Nigrán), o Mirador Monte Lourido, o Pazo de Gondomar e o Parador de Baiona.

A excursión ten un prezo de 22€, incluíndo o transporte, seguro, guía, xantar e entradas ás instalacións visitadas.

Información e inscrición nos centros socioculturais.

18 de marzo de 2014 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.