Apertura do prazo de solicitude para os campamentos de verán da Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A concellería de Xuventude e Voluntariado do concello de Cangas informa que a partir de mañá día 27 de marzo estará aberta a campaña de verán 2014 que oferta prazas para ocupar os diferentes campamentos de verán promovidos pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O prazo estará aberto durante 15 días naturais a partir de mañá. As solicitudes poderán entregarse na Casa da Xuventude de Cangas ata o vindeiro 8 de abril.

Para máis información os interesados e interesadas poden achegarse ata a Casa da Xuventude.

26 de marzo de 2014 | 20:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.