Apertura do prazo de inscrición do ’48 Hour Filme Proyect’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que a Ágora volverá acoller o 48 Hour Filme Proyect, a maior competición de cine a contrarreloxo do mundo dirixido a amantes do cine, da escritura ou a escenificación.

Así, do 28 ao 30 de marzo, a organización do festival reta aos participantes a realizar unha curtametraxe en tan só 48 horas. Trátase de escribir unha historia, rodala, editala e até estreala en dous días tendo en conta a proposta da organización: un personaxe, un elemento a incluír no guión, unha liña de diálogo e un xénero por sorteo.

Os interesados poden inscribirse en www.48hourfilm.com e rexistrarse no evento na cidade. A cota de inscrición por equipo son 75 euros.

As películas presentaranse ao público o venres 4 de abril na Ágora onde o xurado seleccionará a mellor curtametraxe que entrará na lista das mellores curtametraxes a nivel internacional, no evento anual do 48 Hour Filme Project 2014.

QUE É O 48 HOUR FILME PROJECT?

A misión do 48 Hour Filme Project é avanzar no cine, desenvolvendo novas propostas no panorama creativo e promovendo novos cineastas. A través do seu festival, o proxecto anima aos mozos creadores a darse a coñecer tendo a posibilidade de rodar as súas propias películas.

O apertado prazo de 48 horas promove a creatividade e o traballo en equipo. Aínda que o prazo supón unha restrición inusual para os cineastas, tamén é liberador pondo énfases no “facer” en vez do “falar”.

1 de marzo de 2014 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.