Andrés Santeiro presenta a obra Metamorfose no Museo Municipal de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Museo Municipal acolleu esta mañá a presentación de Metamorfose, do artista Andrés Santeiro. Unha mestura de contemporaneidade artística dende un realismo hiperrealista que non deixarán indiferente ao público visitante.

Esta xoven promesa ourensá procura aspectos cotiáns da realidade que el recolle cun tratamento pleno de detallismo, rozando o fotográfico.

A exposición inaugúrase oficialmente ás 20 h, e está composta por máis de 60 obras da cales 37 son novas creacións dos últimos anos.

Xunto a elas, están no primeiro andar do Museo outras pinturas de etapas anteriores do autor. Desta maneira, o autor destaca a evolución das formas ao longo dos anos. Andrés Santeiro estivo acompañado pola concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e pola directora de Espazos Museísticos, Eva Torres.

12 de marzo de 2014 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.