Anabam busca a colaboración cidadá para a limpeza da “Senda Litoral” o 23 de marzo
Despois dos temporais e marusías dos últimos meses, ANABAM fará unha limpeza do lixo acumulado na zona coñecida como “Senda Litoral”, o vindeiro día 23 de marzo de 2014 (de 10.00 h a 14.00 h), como actividade de divulgación e sensibilización ambiental aberta á participación de todas aquelas persoas que queiran colaborar, tanto en grupo como de forma individual.
Esta limpeza enmárcase tamén dentro das actividades do Programa “Iniciativas Oceánicas” desenvolto pola Surfrider Foundation Europe, unha asociación de protección do litoral que ven organizando cada ano máis de 1.000 operacións de limpeza ao longo de toda a costa europea durante a primeira fin de semana da primavera.
Este período do ano é propicio a numerosas descargas de diferentes materiais nas nosas ribeiras e costas. Os concellos, como os habitantes do litoral son as súas primeiras vítimas, polo que é moi importante levar a cabo esta operación, que ten obxecto principal visualizar e medir sobre o terreo, sensibilizar e responsabilizar.











