Amplíase o prazo para o Directo Xove 2014 de Cangas
A concellería de Xuventude informa que o prazo de presentación para participar no Directo Xove 2014 se amplía ata o vindeiro día 17 de marzo, como consecuencia da coincidencia das datas de inscrición coas festividades de Entroido.
Así pois, aqueles grupos interesados en participar nesta décima edición do Directo Xove terán ata o próximo luns para inscribirse na Casa da Xuventude de Cangas ou a través do teléfono 986392171.
BASES DO PROGRAMA
1.- O programa vai dirixido a bandas noveis nas que os seus integrantes sexan menores de 35 anos (polo menos un 60% do total do grupo) e terán preferencia as bandas que teñan algún integrante do Concello de Cangas.
GRUPO 2, 3 ou 4 COMPOÑENTES————————1 DE CANGAS
GRUPO 5 COMPOÑENTES———————————-2 DE CANGAS
GRUPO 6 OU MÁIS——————————————-2 DE CANGAS
(A Concellería de Xuventude reservase o dereito a solicitar o certificado de empadroamento correspondente)
2.- O grupo deberá ter dispoñibilidade para realizar un mínimo de dúas actuacións. Unha un venres nun dos locais asignados para o efecto e outra segunda nun festival.
3.- O festival final esta previsto para o 21 de Xuño. Neste festival participaran 4 ou 5 bandas seleccionadas de entre as que teñan maior participación nos concertos dos venres.
4.- O representante do grupo ou a persoa na que delegue nos momentos puntuais deberá acudir ás reunións que se realicen, de non ser así entenderemos que asumen os acordos alcanzados.
5.- Nos concertos cobrarase unha entrada de tres euros, e a recadación integra será para o grupo.
6.- O grupo terá dereito á gravación dun tema dunha duración máxima de 6 minutos que se incluirá no CD recopilatorio promocional que se edita.
7.- O grupo permitirá á organización a difusión dos datos do grupo (nunca os datos persoais dos integrantes) para a publicidade e promoción do evento e do grupo.
8.- Se os grupos exceden o cupo de participación aplicaranse criterios de selección en base a calidade e traxectoria do grupo.
9.- No caso hipotético de que existan cambios de integrantes no grupo, estes deberán ser comunicados por escrito á organización, facilitando os datos do novo integrante (que deberá cumprir os requirimentos solicitados) ou dando de baixa os do integrante que deixa o grupo.
10.- As e os participantes no programa, aceptan os acordos alcanzados nas reunións
11.- O incumprimento das bases e dos acordos tomados, autoriza a expulsión do grupo do programa
DOCUMENTACIÓN ANEXA A ENTREGAR
-3 fotos de alta calidade do grupo.
-Historia (de non máis de 30 liñas) do grupo.
-Rider do grupo, no que se indique:
Compoñentes do grupo
Instrumentos do grupo e número de micros de voces (e para quen) se precisan
Posicionamento no escenario
Necesidades do grupo (stand para os amplificadores, mesa para os pratos…)
-Autorización dos titores legais dos integrantes menores de idade en caso de que sexa necesario.
IMPORTANTE: Esta documentación debe entregarse no momento de presentar esta ficha de inscrición. A inscrición será invalidada se non se achega a documentación anexa. Os documentos anexos poden ser entregados en soporte dixital (salvo a autorización de participación de menores de idade) nas dependencias da casa da xuventude ou no enderezo electrónico xuventude@cangas.org.











