Alumnos do colexio Os Sauces plantan árbores na Xunqueira de Alba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Estudantes do colexio Os Sauces plantando árbores

Estudantes do colexio Os Sauces plantando árbores

A Concellaría de Medio Ambiente volveu a colaborar un ano máis co colexio Os Sauces na súa tradicional plantación de árbores na Xunqueira de Alba. Esta mañá uns 20 rapaces do centro fixeron unha plantación de abeleiras, pradairos e bidueiros na Xunqueira de Alba, axudados polos servizos do Concello.

Cabe lembrar que a Concellaría de Medio Ambiente leva plantado máis de 200 exemplares de especies autóctonas como carballos, abeleiras, loureiros e salgueiros, entre outros en distintos espazos da Xunqueira de Alba e da senda do Lérez. Destaca que moitos deles son de producción propia, obtidos co material dos propios espazos naturais e mantidos neses espazos até ser transplantados, polo que están perfectamente adaptados ás condicións do lugar.

28 de marzo de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.