Alumnos da Escola de Música de Vilagarcía recrean o programa de “Clásicos populares”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Alumnos e profesores da Escola Municipal de Música protagonizarán unha experiencia singular como concerto final do segundo trimestre. Trátase de emular un programa de radio, “Clásicos populares”, en homenaxe ao seu fundador, Fernando Argenta, no que non faltará de nada: locutor, entrevistas, anuncios e, por suposto, interpretacións musicais en directo. En resume, un programa de radio pero que non será emitido, senón vivido porque acuda ás 19:30 horas de mañá, venres, na Sala de Concertos da escola do Ramal.

Con este concerto, a Escola Municipal de Música porá fin a este trimestre, onde houbo diversidade de concertos e festivais, tales como “Danzas do Mundo”, no que participaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos; as “Audicións trimestrais”, onde participaron todos os alumnos e alumnas de formación instrumental; e o “Concerto do Día do Pai”, na que os protagonistas foron as diferentes agrupacións da Escola de Música. Nesta última experiencia participou, por vez primeira, unha agrupación invitada, neste caso da á Escola de Música de Vilanova de Arousa. A intención é que en futuras ocasións se convide a outras escolas a find e seguir ampliando o ámbito sociocultural do centro vilagarcián e polo tanto dos seus alumnos e mestres.

27 de marzo de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.