Aínda quedan prazas libres para visitar os viñedos ecolóxicos do Cume do Avia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra aínda mantén aberto o prazo para inscribirse nas visitas a experiencias tratadas no programa Ruralactivo. Nestas visitas poderase coñecer hortas e viñedos agroecolóxicas, un centro de coidados á terceira idade e de recuperación do patrimonio, así como un mercado de alimento labrego.

A primeira saída será este sábado, 15 de marzo para visitar os viñedos ecolóxicos do Cume do Avia (Ribadavia) e o Centro de desenvolvemento rural O Viso (Lodoselo, Ourense).

A inscrición poderá ser a través da web www.ruralactivo.com ou no teléfono 693 354 879.

13 de marzo de 2014 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.