Aguieira, Faísca, Sqüid e Cassandra impuxéronse finalmente no Galos de Aguete

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarín
A-
A+

Non puido ter mellor colofón o XIII Trofeo Galos Xoiaría Arizaga que organizou o Real Club de Mar de Aguete, xa que na súa última etapa celebrada este pasado sábado, houbo moitísimos cambios finais dando emoción á proba até os últimos metros. Proba que ademais puido ser seguida novamente en directo e de maneira virtual coa innovadora aplicación que facilitou aos barcos participantes a empresa especializada en organización de Eventos Náuticos, Desmarque SL. que levou a organización técnica e de comunicación da regata.

Saída puntual ás 14:30 horas fronte ao club nas súas instalacións de Seixo en Marín, para realizar un percorrido de case 13 millas os ORC pasando pola Mourisca de Bueu, Pelados, Morrazán e chegada novamente fronte ao club, mentres que os Clásicos e Veteranos facían case cinco millas soamente até Morrazán e regreso. Día difícil e moi táctico, con vento algo rolón do Oeste que cambiaba constantemente tamén de intensidade tendo de media uns 12 nós, aínda que no momento da chegada dos primeiros rexistrouse un forte chuvasco puntual que alcanzou puntas de 35 nós.

Na División Regata, o AGUIEIRA devolveulle a pelota da primeira proba ao YOUNKOUNKOUN e gañoulle a partida sacándolle máis de 8 minutos en tempo compensado, gañando por tanto a proba e a xeral final, sendo o terceiro en discordia o SEBRALA que si non chega a ter un gran problema co seu spi nos Pelados seguro que tamén entrase na guerra polo primeiro posto. Na División Cruceiro/Regata unha gran FAÍSCA NEJRA gañaba tanto a clase como a absoluta na proba, adxudicándose a final por tanto, seguido do ENXUTO. BILLA e máis atrás o gañador do primeiro día, o LIMAY, que nada puido facer ante o empuxe dos anteriores. E en División Cruceiro, ben o SANTIAGO ROMA que gañou a etapa pero pagou na xeral a súa non asistencia na primeira proba a favor do SQÜID que foi segundo e do FIRME que fixo un sensacional terceiro. Por último,  en Clásicos gañou finalmente o CASSANDRA ao que llo puxo moi difícil a PEREGRINA.

A entrega de premios tivo lugar o propio sábado no transcurso dunha cea bufet no club, sendo os premiados os seguintes,

ORC Clase Uno

1º) AGUIEIRA I (Sun Odissey 40 – Celestino Campelo – RCM Aguete), 3 puntos

2º)YOUKOUNKOUN (JOD 35 – Adolfo Castro – CN Portonovo), 3 puntos

3º) SEBRALA 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz – RCN Sanxenxo). 6 puntos

En ORC Clase 2

1º) FAÍSCA NEJRA (RO 300 – José Rei – CN Beluso), 3,5 puntos

2º) ENXUTO (First 310 – Pablo Conde – Royal New Zealand YC.) 4,5 puntos

3º) LIMAY (Bramador 34 – José Luís Smith – CN Beluso), 5 puntos

ORC Clase 3

1º) SQÜID  (First 235 – Francisco Lusquiños – CN Portonovo), 3 puntos

2º) FIRME (Golfiño 7,25 – Fernando Mckinlay – CNR Escola Marín), 6 puntos

3º) SANTIAGO ROMA (Yatlant 24 – Iñaki Carbajo – CN Beluso), 8 puntos

Clásicos e Veteranos

1º) CASSANDRA (Hillyard 36 – Francisco Javier Pazó – CN Portonovo), 3 puntos

2º) A PEREGRINA (Puma 23 – Carlos Núñez – independente), 3 puntos

3º) CORVO MARIÑO (Sirocco MKII – Fernando González – RCM Aguete), 8 puntos

24 de marzo de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.