AFAL organiza festas de disfraces para os maiores dos Centros de Día de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Entroido chegará esta semana aos Centros de Día xestionados por AFAL na cidade naval. Así, a asociación prepara as súas tradicionais festas de disfraces para os maiores que cada día acoden ás súas instalacións para asistir a terapias e talleres que buscan un obxectivo claro: mellorar a súa calidade de vida retardando a progresión da súa enfermidade e, ao mesmo tempo, ofrecer apoio e o tan necesario respiro familiar aos seus coidadores. Deste xeito, o xoves, 6 de marzo, AFAL celebrará o Entroido no Centro de Día da Rede Pública de Alzheimer, situado na antiga Casa do Mar. Alí, a partir das 15 horas, os maiores poderán participar nun divertido concurso de disfraces e espectáculos ideado polo equipo de traballadores e ambientado nos xogos de mesa de toda a vida (fichas de dominou, baralla española e parchís). Para rematar, e co ánimo de repor forzas, os usuarios poderán degustar unha rica merenda con sobremesas típicas da data.

Ao día seguinte, venres 7, e precisamente cunha merenda a base de freixós, orellas e torrijas, dará comezo a festa de Entroido no Centro de Día Terapéutico de AFAL situado na rúa Río Castro, 4345, baixo. Unha celebración na que tamén participarán as familias dos maiores. Despois de que o ano pasado os usuarios convertésense en pintores coa maxia do Entroido, neste 2014 serán camareiros por un día. Unha iconografía que tamén guiará a decoración do centro nesta data. Tras a merenda, avós, netos, pais, nais, fillos e cónxuxes poderán gozar dun animado baile que, unha vez máis, contará coa colaboración desinteresada do cantante Joselo.

5 de marzo de 2014 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.