AFAL impartirá a charla formativa “Que é o Alzheimer e como detectalo?” en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

AFAL Ferrolterra impartirá unha charla formativa o próximo 18 de marzo no municipio de Cabanas. A acción está dirixida a familiares de persoas afectadas de Alzheimer ou outra demencia e inclúese no Programa Rede Paraugas Alzheimer que promove e financia a Fundación Barrié e Fagal (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfer-mos de Alzheimer e outras demencias). A charla desenvolverase nas instalacións da Escola Laica -estrada nacional 651, Porto-, a partir das 11 horas e baixo o título “Que é o Alzheimer e como detectalo”. A entrada é libre e gratuíta.

O Programa Rede Paraugas Alzheimer ten por obxectivos fomentar a capacitación e mellorar a calidade de vida das familias coidadoras de familiares con algunha demencia no rural galego; reforzar a solidariedade entre os membros das familias mediante o achegamento dos jóve-nes á realidade das persoas maiores, e aliviar a presión das familias coidadoras e axudar-as directamente a manterse nos programas de estimulación necesarios para evitar a súa aisla-amento e a diminución da súa calidade de vida.

O programa desenvólvese a nivel autonómico, entre maio de 2013 e decembro de 2014 e ten unha dotación económica total de 135.690 euros (a Fundación Barrié achega 100.000 euros e FA-GAL 35.690 euros).

A charla formativa do próximo 18 de marzo ten como principal finalidade detectar necesidades e familias afectadas para resolver as súas dúbidas ao redor da doenza.

10 de marzo de 2014 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.