Adiántase a posta ao cobro de taxas e impostos para non coincidir o pago con outros recibos

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vilagarcía de Arousa ▼
A-
A+

Con relación á información facilitada pola denominada Plataforma do IBI, o Concello quere desmentir que se adiantara o cobro de determinadas taxas e impostos sen previo aviso. O asunto xa foi tratado na comisión de seguimento das ordenanzas e no pleno da corporación, precisamente porque había queixas de veciños pola acumulación de recibos en moi pouco tempo. Co adianto no cobro dalgúns padróns o que se procura é evitar esa coincidencia entre recibos, é o caso da auga -que emite Espina e Delfín- cos do Concello, e mesmo dentro dos do Concello o que se busca é que non coincidan os de maior contía nun período moi curto de tempo. Por outra banda, tampouco é certo que se fixera sen publicidade; primeiro, porque como xa queda dito este asunto foi tratado en comisión e pleno, e segundo, porque cada posta ao cobro é anunciado no boletín oficial da provincia, como esixe a Lei, e os contribuíntes reciben a comunicación da posta ao cobro: os que o teñen domiciliado, a través do banco; e os que non, no seu propio domicilio.

Cos cambios introducidos no calendario de cobranza, non só se distribúen mellor os períodos de cobranza en canto a contía, senón tamén en tempo. Así, por exemplo, ata o ano pasado entre marzo e abril coincidían Comercios e Industrias, Saneamento, Vados, Auga (primeiro trimestre), Lixo (primeiro semestre) e Vehículos. Agora, todos eses recibos se distribúen doutra maneira: en febreiro, Auga; en marzo, Comercios, Saneamento e Vados (tres recibos de menor contía); en abril, Vehículos; e en maio, Lixo e Auga (segundo trimestre).

Do mesmo xeito, en setembro, coincidindo coa “volta ao cole”, só pasa o recibo de auga (terceiro trimestre) e mentres que ata agora en novembro coincidían Auga, IBI de Rústica e Construccións Especiais, e Lixo, agora este último é o único que se pasa ao cobro en outubro, mentres que os demais continúan en novembro.

Con todo, o calendario establecido está suxeito á aprobación, un a un, de cada período de cobro pola Xunta de Goberno Local e ao proceso de información, segundo o esixido pola Lei. O seguinte recibo que se porá ao cobro será o de Lixo, correspondente ao primeiro semestre, cun período de pago en vía voluntario entre os meses de abril e maio.

11 de marzo de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.