Actos conmemorativos do Día Internacional da Muller en Cervo
As actos previstos en Cervo co obxectivo de conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora.
ACTO CENTRAL DE CONMEMORACIÓN
7 DE MARZO
Casa do Mar
18:00 h.
Homenaxe á muller cervense
Café Bombón
Concurso “A mellor amiga”
Auditorio da Casa da Cultura
20:00 h. Actuación do grupo de Tai-Chi
Ograniza: Asociación Alborada
20:30 h. Actuación do grupo Mar Aberto “Cantos para mulleres”
Restaurante Buenavista
22:00 Cea de mulleres (hai unhas 120 mulleres inscritas)
Organiza: Mulleres de San Ciprián. Sorteo de agasallos. Entrega de premios do Campionato de Tute e Parchís
Casa do Mar
00:00 Gran Baile
Organiza: Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras
Como xa saben, hai moitas outras actividades incluídas no programa que se veñen desenvolvendo nestes meses. O luns, por exemplo, arrinca o curso de cociña impartido por Pilar Martínez (http://www.lacocinadelechuza.com) que organiza a Asociación Mulleres de San Ciprián. Tamén dende o luns estarán dispoñibles na Casa da Cultura as bases para o concurso de poesía en contra da discriminación.











