Acordos do pleno da Deputación de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

-APROBACIÓN DA MOCIÓN DO BNG SOBRE AS RECOMENDACIÓNS DO COMITÉ DE EXPERTOS A RESPECTO DA FUTURA REFORMA FISCAL, NO QUE ATINXE AO SECTOR DO VIÑO

Acordo:

O Pleno da Corporación rexeita a proposta do comité de expertos que propón que se grave fiscalmente ao viño, por entender que isto suporía un mazazo a un sector económico xa de por si castigado, tendo en conta a importancia socioeconómica que ten este sector para Galiza e para Ourense.

Instar ao goberno do Estado para que non teña en consideración as recomendacións do comité de expertos sobre este particular.

Darlles traslado deste acordo aos Consellos Reguladores da Provincia de Ourense, concellos das comarcas afectadas, Xunta de Galiza e aos Ministerios de Hacienda, Industria, Energia y Turismo e Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

Instar a Xunta de Galicia a que articule as medidas necesarias para garantir que as uvas se paguen a un prezo digno non inferior aos custos de produción, para de ese xeito contribuír a fixar poboación no rural.

-DACIÓN DE CONTA DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO XERAL DE 2013

Acordo:

Aproba-la liquidación do orzamento xeral de 2013 da Excma. Deputación Provincial, cos seguintes resumos e magnitudes principais a fin de exercicio:

a) Entidade local

ORZAMENTO DE GASTOS

Créditos orzamentarios iniciais 66.307.000,00 €

Créditos orzamentarios definitivos 86.464.481,27 €

Obrigas recoñecidas netas 70.643.953,50 €

Obrigas pendentes de pagamento 7.471.321,30 €

ORZAMENTO DE INGRESOS

Previsións iniciais 66.307.000,00 €

Previsións definitivas 86.464.481,27 €

Dereitos recoñecidos netos 80.527.671,45 €

Dereitos pendentes de cobro 7.056.478,38 €

RESULTADO ORZAMENTARIO

Dereitos recoñecidos netos (+) 80.527.671,45 €

Obrigas recoñecidas netas (-) 70.643.953,50 €

Resultado orzamentario 9.883.717,95 €

Gastos financiados con remanente de Tesourería para gastos xerais (+) 6.191.174,01 €

Desviacións de financiamento negativas (+) 1.031.133,92 €

Desviacións de financiamento positivas (-) 939.693,99 €

Resultado orzamentario axustado 16.166.331,89 €

REMANENTE DE TESOURERÍA

Fondos líquidos (+) 16.261.021,97 €

Dereitos pendentes de cobro (+) 15.359.970,63 €

Obrigas pendentes de pagamento (-) 12.219.521,24 €

Remanente de Tesourería total 19.401.471,36€

Saldo de dubidoso cobro 2.223.333,20 €

Exceso de financiamento afectado 734.212,89 €

Remanente de Tesourería para gastos xerais 16.443.925,27€

b) Inorde

ORZAMENTO DE GASTOS

Créditos orzamentarios iniciais 1.166.963,88 €

Créditos orzamentarios definitivos 2.261.234,32 €

Obrigas recoñecidas netas 1.861.300,80 €

Obrigas pendentes de pagamento 246.222,15 €

ORZAMENTO DE INGRESOS

Previsións iniciais 1.166.963,88 €

Previsións definitivas 2.261.234,32 €

Dereitos recoñecidos netos 1.668.593,27 €

Dereitos pendentes de cobro 332.649,77 €

RESULTADO ORZAMENTARIO

Dereitos recoñecidos netos (+) 1.668.593,27 €

Obrigas recoñecidas netas (-) 1.861.300,80 €

Resultado orzamentario -192.707,53 €

Gastos financiados con remanente de Tesourería (+) 244.492,37 €

Desviacións de financiamento negativas (+) 171.040,33 €

Desviacións de financiamento positivas(-) 202.203,49 €

Resultado orzamentario axustado 20.621,68 €

REMANENTE DE TESOURERÍA

Fondos líquidos (+) 408.285,13 €

Dereitos pendentes de cobro (+) 372.125,92 €

Obrigas pendentes de pagamento (-) 848.831,54 €

Remanente de Tesourería -68.420,49 €

Saldos de dubidoso cobro 57.278,70 €

Exceso de financiación afectada 0,00

R.T. para gastos xerais -125.699,19

-DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DO EXERCICIO DAS FACULTADES QUE O CONCELLO DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO TEN ATRIBUÍDAS EN MATERIA DE RECADACIÓN DO IBI, IVTM E TAXA POLA RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Acordo:

Aceptar a delegación nesta Deputación Provincial das facultades que o Concello de Xunqueira de Espadañedo ten atribuídas en materia de recadación do Imposto de bens inmobles (IBI), Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) e Taxa pola recollida de lixo, ao abeiro do establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigo 7 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co alcance, contido, condicións e vixencia que se establecen no acordo do Pleno do dito concello do día 27 de decembro de 2013. A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.

-DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DO EXERCICIO DAS FACULTADES QUE O CONCELLO DE AVIÓN TEN ATRIBUÍDAS EN MATERIA DE RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES E IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (AGÁS O BICE POLO ENCORO DE ALBARELLOS)

Acordo:

Aceptar a delegación nesta Deputación Provincial das facultades que o Concello de Avión ten atribuídas en materia de recadación do Imposto de bens inmobles (IBI) e o Imposto sobre actividades económicas (agás o referido ao BICE polo encoro de Albarellos), así como das actuacións pendentes dos últimos catro anos e anteriores non prescritas sobre os mesmos impostos, ao abeiro do establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigo 7 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co alcance, contido, condicións e vixencia que se establecen no acordo do Pleno do dito concello do día 14 de marzo de 2014. A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.

-APROBACIÓN DA MOCIÓN DO GRUPO SOCIALISTA SOBRE RECLAMACIÓN DO IMPOSTO SOBRE AS VENDAS MINORISTAS DE DETERMINADOS HIDROCARBUROS (CÉNTIMO SANITARIO)

Acordo:

Realizar o cálculo polos técnicos da Deputación Provincial de Ourense de cal é a cantidade que habería que reclamar pola aplicación do Imposto sobre as vendas polo miúdo de determinados hidrocarburos.

Realizar a reclamación polo montante total, dende o ano 2002, do cobrado por este imposto.

Ofrecerlles axuda técnica aos concellos da provincia de Ourense para que poidan realizar a dita reclamación.

Investir a cantidade reclamada, cando sexa reintegrada ás arcas da Deputación, para servizos sociais nos concellos.

-APROBACIÓN DO CAMBIO DE DATAS DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS E DO PLENO ORDINARIO DO MES DE ABRIL

Acordo:

Modificar as datas das comisións informativas e do Pleno ordinario do mes de abril de 2014, que terán lugar nos seguintes días:

. Comisións informativas: día 24 de abril, xoves, a partir das 17.00 horas.

. Pleno ordinario: día 30 de abril, mércores, a partir das 11.00 horas.

-DESIGNACIÓN DE REPRESENTANTE DO GRUPO SOCIALISTA NO INORDE, POR RENUNCIA DE DONA CARMEN FIGUEIRAL IGLESIAS

Acordo:

Designar a don Álvaro Vila Araújo como vogal do Consello Reitor do INORDE, con efectos do día da data deste acordo.

-APROBACIÓN DA MOCIÓN PARA A APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL DO EXERCICIO 2014

Acordo:

Aprobar definitivamente o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2014 segundo o documento inicialmente aprobado na sesión ordinaria de 28 de febreiro de 2014, modificando, a pedimento do concello de Monterrei, o orzamento das obras n.º 59/POS/2014 coa denominación “Abastecemento e saneamento na Madalena” e n.º 60/POS/2014 coa denominación “Mellora do abastecemento en San Cristovo”, quedando fixados respectivamente nos importes 49.000,00 € e 21.000,00 €, substituíndo, a pedimento do concello de Pontedeva, a obra n.º 75/POS/2014 coa denominación “Aforro enerxético Pontedeva/arranxo escolas” pola obra denominada “Abastecemento de auga a Abilleira” cun investimento de 45.000,00 € e modificando a pedimento do concello de Montederramo o orzamento da obra n.º 58/POS/2014 coa denominación “Pavimentación dos núcleos de Peredo, Cepada, Xestosa e Abeledos” quedando fixado este na cantidade de 45.000,00 € e destinando a diferenza resultante da achega provincial cun importe de 5.000,00 € á contratación dos servizos complementarios á execución da obra.

28 de marzo de 2014 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.