Aberto o prazo para inscribirse na aula de espera 2014/2015 de Allariz
A aula de espera de Allariz abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2014-2015. Débese formalizar a matrícula na Casa da Cultura de Allariz antes do día 30 de abril.
A Aula de espera é unha iniciativa que favorece a conciliación familiar e laboral
A aula de espera é una iniciativa de atención á infancia que ofrece ós pais e nais traballadores a posibilidade de deixar ós escolares de educación infantil e primaria no centro, con anterioridade ó inicio das clases, onde ademais poderán almorzar e participar en actividades. Nela estableceranse as debidas medidas de vixilancia e atención educativa que necesiten os nenos e as nenas en función da súa idade.
Este proxecto nace da necesidade que algunhas familias precisan para atenderen os seus fillos e fillas durante o período de tempo comprendido entre a incorporación ó seu traballo ata a entrada dos nenos e nenas ó colexio, que no caso de Allariz é as 10:30h.
Os beneficiarios deste servizo municipal son os nenos e nenas escolarizados en Allariz cunha idade de 3 a 11 anos, que comprende o período escolar de 1º de educación infantil a 6º de educación primaria.
Ó longo dunha xornada, que inicia ás 7,30 h coa recepción do alumnado e remata coa entrada no colexio ás 10,30 h, desenvolveranse actividades diversas: de comunicación verbal e non verbal, de educación para a saúde e/ou talleres educativos adaptados ás particularidades dos nenos e nenas.











