A XXVI Feira do Cabalo de Lalín celebrarase na carballeira das Casianas o 7 e 8 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLalín
A-
A+

O colectivo Cabaleiros de Deza será o encargado de levar o peso da organización desta edición. A aportación municipal será a mesma que nos anos anteriores, 10.000 euros.

O concelleiro de Medio Rural, Manuel Fernández, mantivo na tarde do luns unha xuntanza con representantes das asociacións de cabaleiros lalinenses para avanzar na organización da Festa do Cabalo 2014 que celebrará na segunda semana do mes de xuño a súa vixesimosexta edición.

Na xuntanza participaron os presidentes dos dous colectivos equinos dezanos e unha ampla representación de Cabaleiros do Deza que “este ano levará  o peso da organización aínda que serán todos os afeccionados ao cabalo os que poñan o seu grauciño de area para que este evento acade o éxito de anos anteriores”.

Nesta primeira xuntanza, os presentes decidiron fixar “a data de celebración da Feira para os día 7 e 8 de xuño, evitando coincidir con outras celebración importantes na comarca de Deza”. Tamén quedou fixado o lugar de celebración “no entorno da Carballeira das Casianas e os solares propiedade municipal do polígono industrial situados entre a gardería e o Centro de formación ocupacional”.

Fernández agradeceu o interese amosado polos colectivos na organización e anunciou que “fixemos un esforzo e manteremos tamén este ano a aportación municipal que será de 10.000 euros cos que se sufragaran as distintas actividades que terán lugar o sábado e o domindo”. O edil tamén brindou “o apoio aos organizadores en todo aquelo que poidan precisar tanto personal como maquinaria para acondicionar o ring e o seu entorno, así como para o peche do recinto onde se celebrará o evento”.

18 de marzo de 2014 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.