A Xunta Local de Mos da A.E.C.C. pon á venda as entradas para a súa cea solidaria anual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A directiva mosense da Asociación Española Contra o Cancro, AECC, organiza a súa cea-baile solidaria anual, que inclúe tamén tómbola e que estará amenizada musicalmente polo grupo M3.

Celebrarase o sábabado 24 de maio ás 21.30 horas no Pavillón de Castro-Mos. A cea será servida por Catering Arelas e terá un prezo por persoa de 30 euros.

Os interesados en adquirir as súas entradas poden facelo xa chamando ó número de teléfono da Xunta Local de Mos da AECC: 697 484 529. Tamén se pode empregar este mesmo teléfono para solicitar máis información tanto sobre esta cea en particular como sobre a Asociación en xeral.

Se alguén quere facerse socio de AECC pode facelo telefónicamente a través do 902886226, ou on line na páxina web da asociación www.aecc.es

20 de marzo de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.