A vida das mulleres traballadoras vista a través das redaccións dos escolares pontevedreses
O concelleiro Demetrio Gómez participou esta mañá na entrega de premios do concurso de redacción “Mulleres traballadoras” realizado no CEIP San Martiño, de Salcedo. É unha actividade enmarcada dentro das actividades propias do día 8 de marzo, día da muller, e tamén serviu á Concellaría de Patrimonio Histórico para recopilar información para o proxecto “A memoria das mulleres”.
Os premiados son tres alumnos por cada ciclo de Educación Primaria.
No primeiro ciclo, os gañadores foron:
1. Ángela Peón Da Silva fixo a redacción sobre a súa avoa que é gandeira.
2. Rodrigo Jimenez Juncal fixo a redacción sobre a súa madriña que traballa nunha residencia da terceira idade.
3. Sainza Quintia López, fixo a redacción sobre a súa avoa e como conseguíu despois de moito esforzo converterse en avogada.
No segundo ciclo os gañadores son :
1. Lois Camino Logroño, conta a vida da súa avoa.
2. Diego Veiga Pereiro, conta a vida , chea de moito traballo, da súa bisavoa.
3. Carolina Abril Alonso Gómez fala, con moito cariño, da súa bisavoa.
No terceiro ciclo os gañadores son:
1. Clara Carmona García, fai unha pequena biografía da súa madriña.
2. Antonio Novo Moruja, fala da súa nai.
3. Yolanda Crespo Rodriguez, contanos como e o traballo da súa tía.











