A veciñanza nedense entregou no Punto Limpo máis de 380 quilos de residuos en febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda deu a coñecer esta mañá o balance de actividade do servizo de Punto Limpo no mes de febreiro e avanzou que os veciños e veciñas da localidade fixeron entrega de 386,20 quilos de residuos. E, segundo o balance, os electrodomésticos encabezan o ránking de residuos entregados. Nesta liña, o Concello invita á cidadanía a continuar utilizando as instalacións, ubicadas na Estrada de Catabois, xunto ao cemiterio de Ferrol e frente ao Hospital Novoa Santos. O Punto Limpo permanece aberto de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 19,30 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas. Calquer veciño de Neda pode entregar os seus residuos acreditando o seu empadronamento a través da presentación do DNI.

O Punto Limpo é unha instalación especial onde depositar de forma gratuíta aqueles residuos que, polo seu gran volumen ou perigosidade, deben recibir un tratamento especial distinto do verquido. Así, no interior das instalacións existe un colector para cada tipo de residuo, de forma que a cidadanía ten claramente identificado onde debe facer cada depósito. ¿Que residuos se poden entregar? Dende aceites minerais e vexetais a electrodomésticos, aerosois, baterías, escombros, plásticos, tóner de impresoras, disolventes… Unha longa lista de ata 26 categorías diferentes.

10 de marzo de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.