A unidade móbil do centro de transfusións de Galicia visitará esta semana o Concello de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta semana recalará en Cangas unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia para que todos os veciños e veciñas que lles sexa posible poidan compartir saúde doando a súa sangue. O autobús, que permanecerá estacionado na Alameda Vella, estará presente na vila o venres en horario de 16.00 a 21.00 horas e o sábado de 10.00 a 15.00 horas.

Dende o Concello anímase a todos  os cangueses que cumpran co  perfil de doante a que se acheguen á Unidade Móbil, xa que en Galicia fanse máis de 500 intervencións quirúrxicas diarias e aténdense preto de 3000 urxencias polo que é necesario dispoñer de reservas de sangue.  Dende o Centro de Transfusión de Galicia estiman que a cantidade de doazóns diarias necesarias para satisfacer a demanda é de 450 doazóns.

Se alguén quere facer unha doazón e non pode acudir á Unidade Móbil nas datas antes  sinaladas lembrámoslle que pode facelo nos centros habilitados máis próximos que son o Hospital Nicolás Peña de Vigo e o Hospital Provincial de Pontevedra.

3 de marzo de 2014 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.