A UAD de Monforte colabora no Obradoiro de Resolución de Conflitos
O Equipo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias do concello de Monforte (UAD), colabora coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns na organización dun obradoiro sobre Resolución de Conflitos.
O obradoiro desenvolverase na Aula de Formación do Hospital Comarcal de Monforte o xoves día 20 de marzo, entre as 16:30 e as 19:30 h., será gratuito e terá un máximo de 30 prazas.
As persoas ás que se dirixe esta actividade son os pacientes e cidadáns en xeral.
Os obxectivos do obradoiro son mellorar a formación e información dos pacientes e cidadáns sobre as técnicas de resolución de conflitos e toma de decisións.
O obradoiro contará cos seguintes contidos xerais:
-Qué é un conflito.
-Procedemento para resolver conflitos e tomar decisións.
-Cal é o problema.
-Quén ten o problema.
-Qué sabemos sobre o tema.
-Existen alternativas?
-Qué curso de acción eliximos.
-Foi unha elección axeitada?
-Consellos para resolver conflitos menores.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente das seguintes maneiras:
– Páxina do SERGAS: ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS.
Código: 143670
– Acudindo á UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS (UAD)
Otero Pedrayo s/n – Monforte de Lemos, ou chamando ó teléfono: 982 400 495











