A Torre de Hércules e a fonte de Catro Camiños ilumínanse de azul polo Día Mundial de Concienciación do Autismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que a cidade se sumará á conmemoración, o próximo 2 de abril, do Día Mundial de Concienciación do Autismo. Trátase dunha iniciativa que se celebra desde 2007, a proposta da ONU, e á que, desde entón, uniuse un gran numero de cidades de todo o mundo iluminando de azul edificios públicos ou monumentos emblemáticos de cada lugar.

Deste xeito, o vindeiro mércores 2 de abril, A Coruña únese a esta celebración internacional tiñendo de cor azul tanto a Torre de Hércules, monumento declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, como a fonte de Catro Camiños, recentemente renovada.

30 de marzo de 2014 | 11:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.