A selección do auxiliar administrativo da Biblioteca do Carballiño realizouse coa maior transparecia
O alcalde do Carballiño sinalou ao grupo municipal do PSdeG-PSOE como un colectivo que só pretenden crear confusión e mentir aos veciños.
Esta manifestación vén a colación do escrito remitido polos socialistas carballiñeses, no que acusaban de falta de transparencia e intento de colocar a unha persoa nun posto sen ter a puntuación máxima. Argimiro Marnotes relata que “neste proceso de contratación levou a transparencia absoluta, xa que o noso único obxectivo é ser xustos nestes procesos”.
A selección de persoal para cubrir unha praza de auxiliar administrativo que traballase na biblioteca municipal realizouse segundo as canles marcadas pola administración. Presentáronse máis de 20 candidatos, dos cales 19 realizaron a entrevista co tribunal de selección. Unha vez realizado este trámite o tribunal entregou a listaxe coas puntuacións e abriuse o prazo de alegacións. Durante este prazo presentouse só unha alegación, que foi resolta sen que afectase aos primeiros postos da lista.
Transcorridos uns días comunicouse aos servizos legais do concello por parte de dous personasque presentáronse ao proceso de selección, que crían que se había puntuado mal algún dos cursos requiridos. Ante esta situación, o alcalde optou por enviar toda a documentación ao tribunal de selección para que revisase novamente todas as puntuacións, antes de iniciar a contratación. Tras a revisión comprobouse que había uns cursos mal puntuados, non só no expediente que obtivo a primeira praza, senón tamén noutros, e procedeuse a realizar a nova puntuación quedando en primeiro lugar a persoa que estaba en segundo posto.
Así se comunicou por parte do concello ás partes afectadas. Vendo todo este proceso o alcalde pregunta aos membros do PSdeG-PSOE do Carballiño Onde estivo o escurantismo cando se atenderon todas as reclamacións, cando se actuou de oficio no momento de coñecer unha posible irregularidade á hora de puntuar por parte do tribunal?, “o que os socialistas denuncian eran modos de actuar dos anteriores gobernos, non do actual no que primamos sempre a valía e méritos dos que optan a unha praza neste concello”.
Espérase por parte do equipo de goberno que á vista do proceso de selección, ao que terán acceso o grupo do PSdeG-PSOE, rectifiquen publicamente e de inmediato.











