A Secretaría Xeral para o Deporte deu plantón á Federación Galega deTríatlon

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+

A Federación Galega de Tríatlon manifesta o seu malestar polo plantón recibido no día de hoxe por parte da Secretaría Xeral para o Deporte sen explicación algunha. A directiva cualificou esta actitude coma “irrespectuosa”, xa que non houbo unha xustificación ao feito de non ser recibidos.

A directiva da Federación foi convocada pola propia Secretaría Xeral para unha reunión hoxe ás 10:30 horas coa subdirectora xeral de Plans e Programas, Laura Mosquera. Despois de máis dunha hora de espera, sen explicación algunha ao retraso nin que se lles dixera se ían recibilos máis tarde, decidiron marchar da secretaría. O portavoz da Fegatri recordou que “nós temos un traballo, que é do que vivimos, e temos que organizarnos para poder acudir a estas reunións, e creo que nos merecemos un respecto. Todos entendemos que pode haber un retraso, pero deberían notificalo e explicarnos o que sucede”.

4 de marzo de 2014 | 15:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.