A programación do segundo trimeste do Auditorio Municipal de Cangas vén cargada de teatro e música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta mañá o concelleiro de Cultra José Luis Gestido e o director do Auditorio Municipal de Cangas Juan José Pérez presentaron a programación cultural para o segundo trimestre deste ano 2014.

Gestido destacou que unha vez máis todas as fins de semana dos próximos tres meses Cangas conta con actuacións completas e de primeiro nivel para todos os gustos con actividades de cine, baile ou teatro.  “Cangas conta cun dos mellores  auditorios de Galicia e hai moitas compañías dispostas a utilizalo” destacou  o concelleiro “ O Audiorio Municipal é un dos edificios públicos máis importantes do concello e se merece a mellor programación” apuntou Gestido.

O director do Auditorio destacou que este trimestre conta cunha programación dunha media de un espectáculo cada dous días, “ en 90 días teremos 50 actuacinós” sinalou. Tamén quixo salientar as colaboacións que se realizarán de cara a finais do curso con diversas asociacións e organismos “Cangas ten que dar cobertura á iniciativa social e cultural que hai no pobo” declarou.

En abril terán lugar proxecciones de cine do “Cine Club”, a actuación infantil Payasolandia, o espectáculo  de danza contemporánea “Full House” a cargo do Centro Coreográfico Galego, a representación teatral “Pequenos Actos Pseudorevolucionarios” por conta da compañía Ibuprofeno e o concerto de presentación da temporada de verán da Banda de Música Belas Artes.

O mes de maio iníciase a 5º edición de Citeamor qe ten como finalidade dar a posibilidade de actuar aos grupos teatrais de aficionados do Morrazo que se prolongará tamén ao mes de xuño. Entre as demais actuacións atópanse  o espectáculo humorístico “Yo Quevedo” de Moncho Borajo, o Festival Solidario a Favor de AFAMO, a Gala da Cultura,  o show de maxia “Momentos de Asombro” de Martín Camiña, a actuación de Amancio Prada, e o concerto interactivo “Músculo”.

Para pechar o trimestre cultural no mes de xuño o Auditorio acollerá a actuación do Proxecto Orquestral do Conservatorio e  a Escola de Música,  o espectáculo “ La cena de los idiotas” con Josema Yuste e David Fernández, o concerto de fin de curso da Escola de Música e o Conservatorio Municipal, o concerto benéfico en favor de Cáritas de Xóvenes Músicos e a Inauguración da Mostra Internacional  de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

29 de marzo de 2014 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.