A primeira andaina do Concello da Guarda contará con máis de 100 participantes
O Concello da Guarda levará a cabo este sábado, 15 de marzo, a primeira andaina do ano. Baixo o nome DE ÁNCORA A SANXIÁN: O CAMIÑO DA COSTA NA FOZ DO MIÑO, e organizada conxuntamente con Caminha, farase un percorrido polos tramos do Camiño da Costa nos dous concellos.
Con saída ás 8.00h da Sangriña preténdese estar unha hora máis tarde no Forte do Cão (Vila Praia de Áncora). Dende este punto seguirase o trazado ata Caminha guiados polo clube Desnivel positivo. Tras facer unha parada para xantar, procederase a cruzar o Miño no ferry ás 15:00 e continuar o camiño ata Sanxián, onde os autobuses recollerán ós participantes sobre as 17.00h .
Próximas Andainas
5 de ABRIL POZAS DE MELÓN – TERMAS DE PREXEGUEIRO
10 de MAIO VISITA GUIADA Ó ARQUIPÉLAGO DAS CÍES
7 de XUÑO RUTA DO OURO E DO CAMIÑO REAL (QUIROGA)
VISITAS CULTURAIS
Este ano cabe destacar, ademáis das andainas, dúas visitas culturais a Betanzos e Viana do Castelo, nos meses de maio e outubro respectivamente, que complementarán esta actividade.











