A Policía Local de Ferrol realizou unha campaña de prevención do consumo de alcohol ao volante

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Policía Local de Ferrol levou a cabo entre os día 1 e 16 deste mes de marzo, varias actuacións en relación á prevención do consumo de alcohol que consistiron, fundamentalmente, en intensificar o control sobre a venda de alcohol a menores de idade –prestando especial atención á presenza destes en zonas de botellón ou en locais de ocio non aptos para súa franxa de idade-, así como no control da condución baixo os efectos do alcohol, drogas tóxicas, sustancias psicotrópicas ou estupefaciente.

No que atinxe aos controis de tráfico, axentes municipais someteron ás probas de alcoholemia ou drogas a un total de 298 condutores, cun 3,11% de positivos en alcohol e un 0,8% en drogas. Do conxunto de condutores controlados, un 71,4% deles eran varóns e un 28,6% mulleres. Ao respecto dos resultados positivos, dicir que das 8 denuncias administrativas tramitadas o 75% delas corresponden a condutores con unha idade media de 40 anos. Así mesmo, as taxas máis alta de alcoholemia polas cales puxéronse a disposición xudicial a tres condutores foron arroxadas por homes, cunha media de idade de 45 anos e algún deles reincidente.

Por outra banda, e como resultado das actuacións policiais, tramitáronse diversos expedientes de sanción a varios establecementos, a un deles por infracción grave á Lei de prevención de consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade (Lei 11/2010 de Galicia) polo exercicio de venda de alcohol fora do horario permitido.

21 de marzo de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.